O Concello de Lousame conmemorará o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Diego Antonio Zernadas de Castro, máis coñecido como “O cura de Fruíme”. Unha celebración que ten lugar por terceiro ano consecutivo e coa que Lousame quere poñer en valor a figura deste crego, poeta e ilustrado do século XVIII.