Mais de 300 persoas participaron un ano mais no Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que se desenvolveu este fin de semana en Boiro. A duodécima edición dos Encontros Arqueolóxicos do Barbanza reúne en Boiro a destacados especialistas para amosar á cidadanía os resultados das investigacións levadas a cabo na propia comarca do Barbanza., e tamén de analizar a situación na que se atopan distintos xacementos, entre eles o de Atapuerca.