Portos de Galicia iniciou a pasada semana as obras de instalación do pantalán de descargas no porto de Ribeira, nas proximidades da lonxa. Trátase dunha demanda dos mariñeiros de confraria que leva meses de espera, un pantalán que facilitará as descargas de peixe e marisco evitando que os mariñeiros teñan que subir coa carga polas escaleiras.