O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acollerá este venres 18 de maio, ás 21:00 horas, un Concerto Lírico a cargo do Dúo Mara, composto pola soprano Esperanza Mara e a pianista Paula Gago.
https://www.youtube.com/watch?v=1mWBJ4T3jh8
Na presentación deste concerto, a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, incidiu en que se trata dun dos pratos fortes da programación cultural co gallo da conmemoración esta semana do Día das Letras Galegas xa que “seguro que vai ser un magnífico espectáculo para a nosa pequena gran sala de Lousame, unha demostración de emotividade que ten a lírica pero que para moitos é unha gran descoñecida”.