Muros

O secretario xeral do psddeg asegura que desta vez CARIDAD GONZÁLEZ “VAI POLA MAIORÍA ABSOLUTA”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou o sábado na presentación da candidatura do partido en Muros, onde respaldou á actual alcaldesa Caridad González, que tal e como asegura, esta vez vai a pola maioría absoluta.
Besteiro insistiu ademais en que Muros só avanza cos socialistas no goberno, confía en que a xente o sabe e responderá co seu apoio.

O líder do PSdeG lembrou “a absoluta parálise” que supuxo para o concello o pacto entre PP e BNG hai dúas lexislaturas, unha idea que tamén resaltou Caridad González, ao falar dunha etapa cun grave retroceso económico. Pola contra, os socialistas resaltaron que baixo o seu mandato se puxo en marcha o centro de día, os servizos de saneamento e lixo, o campo de herba ou a gardería, a piques de entrar en funcionamento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.