O BNG de Ribeira presentou este sábado a súa lista de integrantes nesta candidatura encabezada por Xosé Vázquez Covas. Un total 26 integrantes conforman a lista de , de cuxa presentación se encargou Luís Pérez, que vai de número dous, está integrada por moitos independentes, persoas que, explicou, decidiron sumarse ao proxecto nacionalista. Con todo, tampouco faltan históricos militantes como O Maño ou Plácido Betanzos, que ocupa o posto número 21. Seguindo a Cobas e Pérez Barral, entre os postos tres e once, onde se sitúa a maioría absoluta, atópanse: Pilar Sampedro, Antón Parada, Elvira Blanco , Alberte Paz, Doures Vidal, Carlos Lixó, Silvia Varela, Alexandre Ríos e Vicente Paz.
Nacionalistas de toda a comarca, entre os que se atopaban Adolfo Muíños e Xosé Deira, arrouparon aos nacionalistas ribeirenses na súa presentación. Con eles estaba a parlamentaria Rosana Pérez, quen, asegurou que a formación nacionalista de cara ás eleccións municipais esta chea de xente nova.
https://www.youtube.com/watch?v=pcszq8jCzCA