A Unidade de Música da Academia Básica do Aire ofrecerá mañá venres 11 de maio un concerto extraordinario con motivo do 850 aniversario da fundación da vila de Noia. Unha actuación que terá lugar ás 21:00 horas no Liceo de Noia e que é de entrada libre e de balde ata encher aforo para calquera veciño ou veciña do municipio.
Durante o acto, o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, entregará un agasallo institucional ao Escuadrón de Vixilancia Aérea Nº 10 (EVA-10), en recoñecemento polos lazos que unen a esta unidade coa vila. O concerto estará precedido dun pasacalles da Unidade de Música da Academia Básica do Aire no que tamén participará a Banda de Música de Lousame.
A Unidade de Música da Academia Básica do Aire ofrecerá mañá venres un concerto extraordinario no Liceo con motivo do 850 aniversario da fundación de Noia


