O Rali de Noia cumpriu a súa edición trixésimo primeira logrando completar a cota permitido de 150 vehículos inscritos, o que demostra que o seu poder de convocatoria. Ademais, onte, antes da entrega de trofeos, o director de carreira, Álvaro García, cifraba en 40.000 as persoas que se deron cita nos catro tramos para gozar da competición.
Álex Pais acabou primeiro tras completar os catro tramos cun tempo dunha hora, cinco minutos e cinco segundos. A sorpresa da xornada deuna Alberto Meira, outro dos participantes que figuraban en moitas apostas previas para acabar entre os mellores, e que se tivo que retirar da competición por unha saída de vía no segundo tramo cando ocupaba o segundo posto na xeral. O abandono forzado de Meira deu ás a Pais para distanciarse na xeral da cita noiesa e acabar impóndose de forma rotunda ao resto dos 149 pilotos inscritos.
A inclusión dun tramo que pasaba polo municipio de Muros resultou unha sorpresa para os participantes.
https://www.youtube.com/watch?v=qqBCeMQ8MEQ