O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, na rolda de prensa do Consello, do inicio da tramitación do decreto que regulará os aproveitamentos forestais, tanto as cortas de madeira e leña, como de cortiza, pastos ou micolóxicos nos montes de xestión privada. Como resultado, abundou, brindaranse maiores facilidades a un sector que é referente a nivel estatal ao tempo que se preservan os valores naturais.