A xunta de goberno local do Concello de Ribeira vén de adxudicar unha nova actuación dirixida ao acondicionamento dos camiños que se estenden polo parque de Abesadas.
Con esta actuación, que foi adxudicada á empresa Alberto Pérez Sampedro, por un importe de arredor de 31.500 euros, preténdese evitar que en epoca de choivas se produzan enchoupamentos das vías e tránsito, algo que se produce con relativa frecuencia.
Pola súa situación a carón dun colexio (Galaxia) e de numerosos establecementos comerciais, a obra non só beneficiará aos veciños do barrio, senón tamén aos nenos que son usuarios do parque infantil (actualmente hai censados no concello arredor de 3.000 nenos menores de 10 anos) e, en xeral, a todos os habitantes do municipio ao ser un lugar moi transitado.
O prazo de execución son dous meses.