A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, presidiron esta mañá a segunda reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame, constituída formalmente hai un ano.
Nas reunións anteriores analizouse o protocolo de actuación contra a violencia de xénero dende cada ámbito e houbo moitas achegas dende o ámbito escolar, sanitario e das forzas de seguridade que foron recollidas e que agora nos permitirán poder ofrecer un mellor servizo no caso de que xurda un caso de violencia de xénero”.