O paro baixa en xuño en 11.134 persoas en Galicia, o maior descenso intermensual da serie histórica desde 1996 en termos absolutos.

Galicia pechou o mes de xuño con 11.134 parados menos que no mes de maio, o que en termos porcentuais se traduce nunha baixada do 4,23 por cento. Trátase do maior descenso da serie histórica nun mes de xuño en termos absolutos, isto é, desde o ano 1996.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, valorou estas cifras e recordou que a comunidade presenta tamén unha diminución do paro a nivel interanual: 21.124 desempregados menos, un 7,73 por cento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.