Os inquilinos poderán seguir nos pisos de xarás se xustifican a incapacidade de pago

O alcalde de Ribeira e o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, reuníronse esta mañá para poñer solución ás dificultades padecidas por familias instaladas nos pisos sociais de Xarás a hora de abonar os seus alugueres á Xunta de Galicia.

De resultas da conversa mantida entre Ruiz e García, concluíuse en que se abrirá unha vía para que aqueles que non teñan capacidade real de pago poidan seguir pacificamente na súa vivenda, sempre que xustifiquen adecuadamente dita imposibilidade.

En canto aos que si teñan posibilidades de pago, establecerase un calendario de fraccionamento para flexibilizar o abono do aluguer nos prazos e na contía que se estime adecuados segundo as circunstancias concretas de cada caso.

https://www.youtube.com/watch?v=Z4lJyxEKstQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.