Ribeira

Un total de 21 infraccións no primeiro día de probas do control das zonas azuis mediante sistema de captación de imaxes en Ribeira

A Policía Local de Riveira detectou un total de 21 infraccións ao longo desta mañá na primeira xornada de probas para o control de zonas azuis mediante sistema de captación de imaxes e posicionamento GPS dende vehículo patrulla.
https://www.youtube.com/watch?v=712fIZegBK8
Ditas infraccións foron localizadas entre as rúas Rosalía de Castro, Mariño de Riveira e o entorno do Auditorio Municipal. Cómpre lembrar que en todas elas a zona azul é de uso gratuíto, limitando unicamente o tempo de aparcamento a unha hora e media.

O Concello de Riveira quere facer un chamamento a respectar as condicións de uso deste tipo de prazas, dado que en breve cesarán as probas e comezarase a sancionar economicamente as infraccións.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.