Dentro da programación do Mario Cultural 2018, a Biblioteca Municipal de Riveira está a exhibir dende o día de hoxe a exposición “María Victoria Moreno na literatura galega infantil e xuvenil”.
https://www.youtube.com/watch?v=N0wvbH604hQ
Trátase dunha selección de máis de medio cento de obras escritas ou dedicadas á autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas (a cuarta muller despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño), e de literatura infantil e xuvenil en xeral.
A mostra estará aberta ata o 31 de maio.