O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a apertura dun proceso de participación para deseñar unha estratexia que preveña conflitos nos centros educativos e mellore o clima escolar.
Feijóo explicou que esta estratexia, que se someterá á opinión do Consello para a Convivencia Escolar, parte da necesidade de abordar a mellora da convivencia desde tres niveis: social, institucional e persoal.
Esta estratexia céntrase tamén no apoio aos centros e á comunidade educativa. E, nesta liña, está previsto crear e manter un fondo documental e de asistencia xurídica en materia de convivencia, conformado por normativa, estudos e traballos de investigación ao respecto.
Ademais, prestarase orientación aos centros para a elaboración de cadanseu Plan de convivencia, así como formación en materia de saúde, igualdade de xénero, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, e para a prevención do racismo e a xenofobia.
https://www.youtube.com/watch?v=H0gNKp36a68