A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 1 novo permiso de explotación para embarcación con 2 habilitacións para mergulladores para a extracción de poliquetos na confraría de Muros (A Coruña). A selección de embarcacións realizarase conforme ao disposto no baremo para incorporación de novas embarcacións e no baremo para o incremento de tripulantes habilitados en embarcacións que xa teñen recoñecido o recurso no permiso de explotación.
As solicitudes poderán presentarse no rexistro auxiliar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.
https://www.youtube.com/watch?v=l05VCWjocWo