PORTO DO SON abre as súas portas a unha exposición de fotografía de alumnos do ies san alberto de NOIA

A casa da cultura de Porto do Son acollerá ata o vindeiro día 28 de abril unha exposición fotográfica da que son autores varios alumnos do IES Campo de San Alberto de Noia.
Trátase dunha exposición que nace no marco do Proxecto Comenius Regio que ten por obxecto promover o desenvolvemento de actividades de cooperación entre as autoridades locais e rexionais activas no mundo da Educación en Europa e contribuír así a mellorar a oferta educativa.
Arredor de 150 fotografías de estudantes de Noia e da rexión grega de Magnesia concurriron ao concurso que tiña por lema “A miña patria” onde tamén participou o clube de tempo libre O Treito de Lousame.

https://www.youtube.com/watch?v=cqdBJw8WtDg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.