Xunta de Galicia

Feijóo anima ao sector da conserva a seguir consolidando a súa posición de liderado coa busca constante da calidade e o afán pola innovación e a internacionalización

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe ao sector da conserva a seguir consolidando a súa posición de liderado coa busca constante da calidade e o afán pola innovación e a internacionalización.
https://www.youtube.com/watch?v=veBgG9ckhMg
Durante o acto de entrega das medallas Anfaco-Cecopesca 2018, Feijóo afirmou que é ese esforzo continuo por evolucionar o que fai que hoxe, o sector conserveiro aglutine o 6,5% do emprego industrial e o 3% do produto interior bruto; e que case o 83% dos postos de traballo directos do sector conserveiro dos produtos do mar se xeren en Galicia, é dicir, máis de 12.400 dos 15.500 postos totais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.