O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou esta mañá o programa de campamentos de verán 2015 que se realizan no colexio Calvo Sotelo desde o ano 1991 e que para este verán terá novidades. A máis importante será a de crear 180 novas prazas destinadas a mozos e mozas de entre 14 e 17 anos.
Este grupo contará ademais cunha oferta en exclusiva para eles e que tamén se incorpora neste ano: a posta en marcha dun campamento bilingüe, unha auténtica inmersión lingüística para os participantes ao realizar as actividades en castelán e en inglés.
No que se refire ao deporte, haberá dende fútbol e baloncesto ata piragüismo, kaiak e actividades multiaventura, ademais de batuka ou capoeira, entre moitos outros.
Os interesados en apuntarse poderán facelo a partir do 20 de maio nos concellos, que tiveron ata hoxe para sumarse a esta iniciativa da Deputación.
https://www.youtube.com/watch?v=QzUkDvp-InA