Un total de 22 mozos e mozas están asistir no Viveiro de Empresas de Riveira ao curso de animación 2D e 3D que alí se imparte a iniciativa do Concello, a Cámara de Comercio de Santiago e Fundación Incyde.

O curso está dirixido a menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que desexan adquirir novos coñecementos enfocados á animación 2D e 3D e que, ademais, desexen incrementar a súa calidade profesional e empregabilidade.
Cartel de YouTube
Con motivo do inicio do mesmo desprazáronse ata o viveiro o alcalde Manuel Ruiz e o secretario da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Barros, quen destacaron a idoneidade de formarse nunha industria emerxente como é a da animación por ordenador e convidaron ao alumnado a valorar os recursos que brindan infraestruturas como o viveiro de empresas á hora de poñer en marcha despois proxectos emprendedores.

Salir de la versión móvil