O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe no pleno do Parlamento que Galicia é a Comunidade Autónoma de España onde máis baixou o paro rexistrado en menores de 25 anos en 2014, pasando dos 16.700 parados en 2013 a 13.100, unha redución do 21,5%.
No eido da inserción laboral, o responsable autonómico subliñou que o Plan de emprego xuvenil conta con cen millóns de euros, “dos que xa dispuxemos do 50% na primeira anualidade”, e compleméntase e refórzase co Programa de garantía xuvenil, produto do acordo alcanzado coa Confederación de Empresarios de Galicia, a UXT e Comisións Obreiras.
https://www.youtube.com/watch?v=0LDNEZJ9nk0