Xunta de Galicia

A Xunta proporá ás universidades baixar o prezo dos másters profesionalizantes e equiparalo ao dos graos e a conxelación, por sétimo ano, das taxas universitarias

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta proporá ás universidades galegas baixar o prezo dos másters profesionalizantes e equiparalo ao dos graos, así como a conxelación, por sétimo ano consecutivo, das taxas universitarias.
https://www.youtube.com/watch?v=guXaliQW2cI
O presidente da Xunta precisou que esta será a maior baixada dun máster profesionalizante que houbo nunca en Galicia e nas universidades españolas.
Nesta liña, lembrou que, hoxe, en Galicia o 30% dos alumnos fan un máster, fronte ao 21% que o fan en España; “temos as taxas universitarias máis baratas para o grao de todo o país e podemos tamén ter os másters profesionalizantes máis baratos”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.