Segundo explican dende o BNG, parte das beirarrúas do concello da Pobra están deterioradas, con baldosas rotas ou despegadas que provocan salpicaduras cando chove aos transeúntes, podendo provocar accidentes. Entre as rúas mais afectadas destacan a do Lagar, Atalaia, paseo dos Areos, Gasset, e outras. Tamén apuntan da existencia de moitas beirarrúas cheas de herba e maleza, como nalgún tramo da rúa Rafael Dieste e fóra do núcleo urbano.