Ribeira

O concello de Ribeira e a editorial Xerais ratifican cun novo convenio a súa colaboración no certame de novela curta cidade de Ribeira

Un nutrido grupo de persoas asistiron en Ribeira á presentación oficial da última obra gañadora do Certame de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira: “Un home extraño” de Antonio Tizón, que vén de ser editada por Xerais.
https://www.youtube.com/watch?v=J7lUceKM7ZU
Precisamente, o novo director deste selo, Fran Alonso, participaba na presentación na nosa cidade no que é o seu primeiro evento público ao timón da histórica editorial, continuando o labor de Manuel Bragado, sobre o que os distintos comparecentes tiveron palabras de afecto.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.