A Consellería do Mar realiza unhas xornadas de portas abertas nos seus centros para potenciar e divulgar a súa oferta formativa no eido marítimo-pesqueiro e amosar as súas instalacións a futuros alumnos e alumnas.
https://www.youtube.com/watch?v=8JrZ0azoPn8
A iniciativa levarase a cabo mañá, 25 de abril e o xoves día 26 en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, na de Ferrol e no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa). No Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo as xornadas de portas abertas celebraranse o 10 e 11 de maio.
No centro de Ribeira as xornadas de portas abertas serán os dous días das 09:00 ata as 14:00 horas. Durante este tempo, os institutos de educación ou entidades relacionados con este sector disporán de visitas guiadas ás dependencias do centro e unha charla informativa sobre as súas ensinanzas e o mercado de traballo ao que se pode acceder coas titulacións que ofrece. A maiores, o día 25 ás 11:00 horas un especialista en medicina do Instituto Social da Mariña impartirá a conferencia A seguridade social do mar: requisitos e incidencias.