Galicia

A Deputación da Coruña estimula a creación cultural coa convocatoria de dez premios

O BOP publica hoxe as bases de dez dos premios que á área de Cultura da Deputación da Coruña promove co ánimo de estimular a creación e a difusión de obras de narrativa, poesía, literatura infantil, música, artes gráficas, banda deseñada e iniciativas culturais que traballen en prol da Igualdade de xénero.

Dende hoxe mesmo, as persoas e colectivos que queiran participar nos concursos da Deputación, poderán inscribirse nuns certames aos que se destina un orzamento que supera os 120.000 euros en premios, ademais dos custes derivados das publicación, exposición e outras actividades destinadas á difusión das obras premiadas.
Atendendo as diferentes modalidades culturais, o máis lonxevo dos certames, o Premio de Narrativa Torrente Ballester chega este ano a súa XXX edición e recoñecerá de novo este ano con 25.000 euros ás obras en lingua galega e castelá que resulten gañadoras dun concurso en que, ademais, se garante a difusión da obra, mediante a publicación da mesma. Neste caso, o prazo para inscribirse ficará aberto até 10 de xuño.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.