En Boiro, unha persoa de avanzada idade resultou ferida a tarde pasada despois de chocar co turismo que conducía contra o muro dunha casa situada á altura do número 151 da Rúa Principal, no casco urbano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente pasadas as 18:30 horas deste domingo. Foi a esa hora, cando varios particulares chamaron para pedir axuda. Aseguraban ademais, que no interior do turismo había unha persoa inconsciente.
e inmediato, puxéronse os feitos en coñecemento do persoal sanitario e dos Bombeiros de Boiro que decontado se achegaron ao punto.