A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín defendeu en Rianxo «Un pacto institucional, político e social para combater a situación dramática que atravesa o sector do libro galego», así o afirmou no acto realizado na biblioteca municipal Castelao enmarcado na campaña «Libros para Sermos Libres» no que tamén participou o alcalde da localidade, Adolfo Muíños.
https://www.youtube.com/watch?v=-U9BMR2qGk4
No acto, Goretti Sanmartín Rei defendeu a necesidade «xa urxente, de apostar polo libro galego e traballar por un pacto institucional, político e social para combater a situación dramática que está a padecer o sector» e referiuse aos datos do recente informe publicado polo Consello da Cultura Galega que falan dunha drástica redución do investimento público na promoción do libro e a lectura e no apoio á edición.