Pobra Do Caramiñal

A consellería do mar acomete a mellora da seguridade viaria no peirao da Pobra do Caramiñal

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a realizar obras de mellora da seguridade viaria no peirao do municipio coruñés da Pobra do Caramiñal. Esta actuación supón unha segunda fase da proposta de mellora integral de pavimentos das superficies portuarias da localidade.

Esta actuación dá resposta ás deficiencias que presentaba o firme ao longo de todo o vial portuario debido ao tránsito rodado, especialmente de camións que circulan diariamente pola zona portuaria. Ante esta situación e como parte das tarefas de conservación e mantemento de instalacións que Portos de Galicia desenvolve de xeito periódico en todos os peiraos autonómicos, o ente público tramitou esta obra de repavimentación.

En concreto, a superficie beneficiada polos traballos é de 5.000 metros cadrados e abrangue gran parte do vial que percorre o porto, eliminando os fochancas e fendas que presentaba o firme. Con esta actuación dáse continuidade ás obras xa executadas no entorno do surtidor de combustible do porto. Os traballo están en fase de execución e rematarán nos vindeiros días e o orzamento achegado por Portos de Galicia para esta actuación é de 50.000 euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.