Ribeira

Xornada Gratuita sobre as Axudas en Rehabilitación

O Centro Empresarial da Construcción do Barbanza continúa proporcionando aos profesionais do sector e aos cidadáns, información na Comarca sobre as últimas novidades, tanto en axudas como en aplicacións técnicas innovadoras.
https://www.youtube.com/watch?v=uv50bjrHx0E
A Xunta de Galicia destinará máis de 2,8 millóns de euros en axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios. O importe da convocatoria de 2018 supera en máis dun 60% o orzamento da de 2017 e subvencionará os intereses ata o 100 por cento dos préstamos destinados ao financiamento de obras de rehabilitación de vivendas. O prazo de solicitude estará aberto ata o 15 de outubro, salvo que se esgote antes a dotación orzamentaria. No préstamo pódense incluír os honorarios dos profesionais que interveñan no proxecto da obra e/ou na súa execución e os informes técnicos necesarios, xunto co custo das obras de rehabilitación a realizar.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.