Últimos días para anotarse nun curso teórico-práctico de fotografía da natureza

O Concello de Lousame e a asociación fotográfica Olláparo organizan un curso teórico-práctico de fotografía na natureza, que se impartirá todos os sábados pola mañá en horario de 11:00 a 13:00 horas. O curso, que comezará a impartirse na Casa da Cultura de Lousame a partir do sábado 18 de abril, incluirá unha parte teórica combinada con sesións prácticas e saídas a distintos espazos naturais do municipio para poñer en práctica os coñecementos aprendidos. Os veciños e veciñas que estean interesados en participar, poden obter máis información e anotarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Lousame.

https://www.youtube.com/watch?v=8FH62UBejho

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.