A Deputación da Coruña destinará 600.000 euros para a adquisición e reforma do inmoble que acollerá o novo centro de día de Rianxo.
Así o comprometeu esta mañá o presidente, Valentín González Formoso, durante a reunión de traballo que mantivo no seu despacho da institución provincial co alcalde da localidade, Adolfo Muíños.
https://www.youtube.com/watch?v=viNC-GvMN2s
Durante o encontro abordáronse as posibilidades de colaboración da Deputación para levar a cabo un proxecto moi necesario e demandado pola veciñanza do municipio rianxeiro, que nos últimos meses xerou numerosas mobilizacións e un peche veciñal de varios meses na Casa do Concello.