Os atletas MARCOS MALLO “TORKY” E FERNÁNDO PÉREZ “DETE”, mellores deportistas de LOUSAME no 2014

O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acolleu na noite de onte sábado a primeira Gala do Deporte de Lousame, un recoñecemento “aos grandes deportistas que hai en Lousame e que moita xente deste mesmo municipio nin os coñecen”, tal e como explicou a alcaldesa Teresa Villaverde, quen confirmou que o evento terá continuidade nos próximos anos. Unha gala na que o gran premio foi para os atletas Marcos Mallo Figueira “Tosky” e Fernando Pérez Fernández “Dete”, galardoados como os mellores deportistas de Lousame no ano 2014.

Un ano no que Fernando Pérez Fernández “Dete” proclamouse Campión Galego de Canicross e subcampión de España de Canicross Neve (Baqueira Beret).

Pola súa banda, Marcos Mallo Figueira “Tosky” proclamouse en 2014 campión do Circuito Galego de Duatlón Cross e campión do Open de Galicia BTT XC. “Tosky” aplaudiu a iniciativa da Gala do Deporte.

O momento máis emotivo da Gala presentada polo xornalista Ton Lorenzo, de 5 FM Radio, foi a entrega do premio a Pilar Barreiro Senra como a mellor deportista da historia de Lousame. No seu currículo figuran fazañas como ser campioa de España de 800 metros lisos, tanto ao aire libre como en pista cuberta, ser seis veces internacional absoluta coa Real Federación Española de Atletismo ou posuír aínda o récord galego de 800 metros cunha marca de 2´ 01”.

https://www.youtube.com/watch?v=wId-ELeXOTQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.