Xunta de Galicia

Feijóo destaca que a conexión da AP-9 será un paso cara adiante para a cidade da cultura, para Santiago e para Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a conexión da AP-9 será un paso cara adiante para a Cidade da Cultura, para Santiago e para Galicia. Durante o acto de inicio das obras do novo enlace da AP-9 coa Cidade da Cultura e Santiago centro, no cal tamén participou o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, Feijóo aseverou que con esta infraestrutura o monte Gaiás disporá dos accesos necesarios que son unha vella demanda da cidade.

O titular do Executivo galego destacou que esta e outras infraestruturas comprometidas para Galicia son importantes para a calidade de vida das persoas, para a ordenación do territorio e tamén para a competitividade da economía e do turismo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.