Rianxo

“MEDRAMOS CO APEGO” en Rianxo

O Servizo de Normalización Lingüística de Rianxo en colaboración coa Concellaría de Benestar, Igualdade e Diversidade, organiza unha nova proposta formativa para as familias e as persoas educadoras interesadas, incluída baixo o epígrafe MEDRAMOS CO APEGO.
https://www.youtube.com/watch?v=nFvB3_EopXs
A proposta inclúe dúas sesións do obradoiro dirixido pola pedagoga e educadora infantil María Paredes, titulado Practicando a disciplina positiva, destinado a familias con crianzas de 4 a 10 anos e a educadoras, que se celebrarán o 25 de abril e o 2 de maio. Estes obradoiros van afondar nos principios da disciplina positiva, xa tratados na charla do mes pasado, pero dende un punto de vista máis práctico e pormenorizado. Trátase duns talleres intensivos sobre un modelo de crianza respectuosa que axuda a desenvolver habilidades sociais e de vida a longo prazo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.