O cerco plantexa topes diarios para subir o prezo do xurelo

O Cerco debateu durante máis de dúas horas os topes do xurel. A proposta de Acerga era de topes diarios de 6.000 kl para o xurel en embarcacions con mais de dez tripulantes e de 5.000 ou 5500 para os de menos de dez co fin de lograr unha mellor comercialización do producto.
O que non foi acordado e que terá difícil solución unha xestión da cuota en común, repartindo a dos que máis teñen cos outros, un tema que o pasado ano creara unha gran polémica e moitas disputas.
O acordo marcaría tamén un mes de paro biolóxico ó ano entre decembro e marzo.
A conselleira do mar Rosa Quintana amosou a súa satisfacción de ver traballar unido ó sector ó remate da reunión. Queda pendente unha nova reunión á que tamén estará convocada a flota do arrastre.
O presidente da federación de cofradías galegas, Tomás Fajardo, destacou que agora se pasará a consulta ás cofrarías para coñecer a súa postura.

https://www.youtube.com/watch?v=xv9fEYde1nY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.