Rianxo

Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela dedicado á figura de Castelao que terá lugar no Auditorio do Pazo de Martelo en Rianxo.

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños xunto co presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella e o mestre Miguel Anxo Fernández anunciaron esta mañá no Auditorio do concello un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela dedicado á figura de Castelao que terá lugar no Auditorio do Pazo de Martelo do 28 ao 31 de xullo.
Este curso ten como iniciativa dar a coñecer en profundidade esta figura polifacética a todas aquelas persoas que estean interesada en saber máis sobre o escritor, sendo tamén unha oportunidade para obter créditos de libre configuración para os universitarios. O prazo de matrícula estará aberto ata o 18 de xullo.

Carlos Mella, o presidente da Fundación Castelao engadiu a intención que ten a Fundación de dar a coñecer a figura deste autor dentro das escolas e sobre todo que a xente poida coñecer outras caras deste persoaxe, sempre coñecido pola súa vinculación á política.

http://youtu.be/iYhmBUmMz14

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.