Ribeira

Adxudicado provisionalmente o mantemento dos campos municipais de fútbol de herba artificial de Aguiño, Oleiros e Carreira

O Concello de Riveira procedeu á clasificación provisional dos traballos de mantemento dos campos municipais de céspede artificial da Tasca en Aguiño, a Trinidade en Oleiros e A Guía en Carreira.

Entre as seis ofertas presentadas, a que obtivo a mellor clasificación resultou ser Oziona Soluciones de Entretenimiento, S.L., cunha proposta de 4.995 euros máis IVE ao ano.

O obxecto deste contrato é o de realizar as labores necesarias para o mantemento destes campos de fútbol de herba sintética dependentes e xestionados directamente polo Concello. A duración do contrato é de dous anos prorrogables por outros dous.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.