Rianxo

O Alcalde de Rianxo valora positivamente o cambio de opinión da xunta sobre a construcción dun centro de día en Rianxo.

O Alcalde de Rianxo valora positivamente o cambio de opinión da xunta sobre a construcción dun centro de día en Rianxo. Se a pasada semana pechaban esta posibilidade nunha reunión mantida en Teo co consorcio, esta semana transmitíronlle que van estudar a proposta. Pola súa banda, dende o concello continúan ofertándolle os terreos de maneira gratuita, ou no seu caso as instalacións do ISM.

O rexedor rianxeiro mantén as portas abertas á colaboración para que os 20 maiores que se desprazan cada día ata Dodro poidan quedar na vila, agarda que isto se leve a cabo e non sexa un anuncio en época de eleccións.

En Rianxo levan anos agardando poder contar con este servizo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.