Galicia

A Sociedade de Xestión Forestal de Cuns, en Outes e Negreira, benefíciase de 200.000 euros de axudas da Xunta en dous anos

A consellería de Medio Rural axuda dende 2016 con preto de 200.000 euros as labores de silvicultura, forestación e actuacións preventivas en materia de incendios forestais da sociedade de fomento forestal (SOFOR) de Cuns, que conta con terreos nos municipios de Outes e Negreira.O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe esta sociedade e reuniuse coa xunta directiva que a xestiona e coa alcaldesa de Outes Beatriz Molinos .
https://www.youtube.com/watch?v=e-2POOoIgiE
A SOFOR de Cuns foi constituída en novembro de 2015 e xestiona algo máis de 70 hectáreas de superficie forestal, propiedade de 85 socios e que engloba a preto de 1.500 parcelas. Estas sociedades dan cumprimento ao compromiso da Xunta de Galicia en materia de ordenación do monte, xa que o principal obxectivo é o de acadar unha xestión máis sostible e rendible do monte, baseada na viabilidade económica e a sustentabilidade social e ambiental a partir das pequenas parcelas de propiedade forestal particular. Un traballo que segundo explica un dos socios, non foi sinxelo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.