O CIFP Coroso de Ribeira acolleu esta maña unha xornada de convivencia na que o alumnado de 2º Formación Profesional Básica compartiu as cociñas do centro cos usuarios da Asociación Ambar. Alumnos do CIFP Coroso e ususarios de Ambar elaboraron varios pratos que logo se puideron degustar entre os participantes. Filloas, tortillas, aperitivos ou brochetas elaborados co maior cariño que se pode por entre os fogóns.
https://www.youtube.com/watch?v=sM37PGtLN4w