O concello recibirá en cesión o campo de fútbol de carreira co compromiso de dotar ao terreo de xogo de céspede artificial

Un dos asuntos que será sometidos á consideración do pleno o vindeiro luns día 13 de abril é a cesión de uso das instalacións que posúe o Carreira Club de Fútbol ao Concello de Riveira.

En virtude desta cesión, o Concello comprométese a realizar nun prazo máximo de catro anos as obras necesarias para dotar ao campo da Guía de herba artificial, ao igual que se está realizando xa con outras instalacións deportivas como é o caso recente do campo da Trinidade de Oleiros.

Ademais, o Concello poderá habilitar terreos aptos para a práctica doutras modalidades deportivas distintas á futbolística.

Pola súa parte, o Carreira Club de Fútbol terá preferencia no uso de dependencias para oficinas, lavandería e despensa, así como para xogar os partidos oficiais de competición federativa e para adestrar, sen que isto poida supoñer un uso privativo que exclúa a súa utilización por outros clubs e deportistas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.