A xunta convoca 1 novo permiso de explotación para embarcación e 2 habilitacións para solénidos na confraría de noia

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 1 novo permiso de explotación para embarcación e 2 habilitacións para mergulladores para a extracción de solénidos na confraría de Noia (A Coruña). A selección de embarcacións realizarase conforme ao disposto no baremo para incorporación de novas embarcacións e no baremo para o incremento de tripulantes habilitados en embarcacións que xa teñen recoñecido o recurso no permiso de explotación.

Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

As solicitudes poderán presentarse no rexistro auxiliar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.

https://www.youtube.com/watch?v=k2nfImd4v6U

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.