Boiro

A Xunta de Galicia segue a coordinar as súas políticas cos concellos para mellorar os servizos destinados aos galegos

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe no seu despacho de San Caetano un encontro de traballo co alcalde de Boiro (A Coruña), Juan José Dieste Ortigueira. Esta xuntanza enmárcase na rolda de encontros que o conselleiro está a manter cos representantes locais dos municipios galegos co obxectivo de seguir mellorando as políticas sociais e ampliar a colaboración entre administracións en beneficio da atención á cidadanía.
https://www.youtube.com/watch?v=nurwmjWM3rs
Para elo, ambos mandatarios fixeron un repaso dos servizos autonómicos dispoñibles en Boiro, como por exemplo o Servizo de Atención no Fogar (SAF), mediante o cal, Xunta e Concello prestan servizo a máis dunha trintena de veciños e veciñas que teñen a súa dependencia recoñecida. Desde a creación da Consellería de Política Social, a Xunta incrementou as horas do SAF nun 25%, chegando a poñer a disposición dos usuarios desta localidade un total de 45.024 horas anuais.

Así mesmo, Rey Varela destacou que a localidade se beneficiou das axudas para a mellora da accesibilidade de edificios e espazos públicos. Neste sentido, a administración autonómico ven de conceder 54.774 euros que se empregarán na mellora da accesibilidade dun tramo da Avenida Compostela e no establecemento de pasos de peóns e alumeado en varios puntos de Boiro.

Outro dos asuntos que abordaron Rey Varela e Dieste Ortigueira durante a entrevista foi a atención á infancia. Neste sentido, Boiro conta con dúas escolas infantís pertencentes á rede Galiña Azul e que ofertan un total de 149 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

O conselleiro e o rexedor acordaron que continuarán estudando posibles novas vías de colaboración entre as dúas administracións, co fin de mellorar os servizos e equipamentos de atención aos cidadáns en Boiro, e conseguir así unhas mellores e máis eficaces políticas sociais. Neste sentido, Dieste Ortigueira presentou durante o encontro un proxecto para o establecemento dun centro de atención a persoas maiores, unha iniciativa que tal e como trasladou Rey Varela, conta co compromiso da Consellería de Política Social para o estudo e valoración do mesmo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.