Xunta de Galicia

Feijóo trasladaralle ao comisario europeo de agricultura a aposta de Galicia por unha PAC 100% comunitaria e que garanta un rural vivo, activo e sustentable

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o comisario europeo de Agricultura e Desenvolvemento rural, Phil Hogan, visitará Galicia nos próximos meses para coñecer de primeira man as prioridades da Comunidade galega que, tal e como expresou Feijóo, aposta por unha PAC 100% comunitaria, estruturada en dous piares (axudas directas e desenvolvemento rural) e que garanta un rural vivo, activo e cada vez máis sustentable desde o punto de vista económico e ambiental.

Durante unha xornada sobre a repercusión da nova Política Agraria Común, o responsable do Executivo autonómico aseverou que modernizar o sector primario europeo “é un reto que nos convoca a todos” e ante o que Galicia vai facer escoitar a súa voz. Sobre este último aspecto, Feijóo defendeu unha PAC que prime a remuda xeracional e aseverou que Europa non se pode permitir un rural envellecido nin un rural despoboado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.