As infraccións penais cometidas en Riveira no primeiro semestre de 2014 descenderon nun 4,65%% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Así se reflectiu durante a Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá na sala de sesións do Consistorio Local, na que se constatou a tendencia descendente que se está a rexistrar neste eido nos últimos anos.
Na reunión destacouse a baixada experimentada en furtos en locais e en roubos a persoas, en tanto que outras infraccións, como os roubos en vivendas, seguen a presentar unha incidencia baixísima se se comparan con outras zonas de Galicia. Paralelamente a isto, salientouse os altos niveis de eficacia das forzas e corpos de seguridade, cunha Policía Nacional que mantén un índice de resolución de casos que está entre os máis significativos da Comunidade Autónoma.
http://youtu.be/5JGQKDldxzE