Pobra Do Caramiñal

Charla na Pobra sobre a velutina

O mércores día 11 de abril ás 20h no auditorio do Museo Valle-Inclán desenvolverase unha charla onde o especialista de Protección Civil de Cambre Lolo Andrade amosará as mellores técnicas de loita, como distinguila doutras especies autóctonas, como protexer as colmeas ou como actuar cando atopamos un niño, entre outras cuestións que o público queira preguntar.

A actividade terá un carácter eminentemente práctico, ao expoñerse in-situ numeroso material e fotografías. Contarase coa presenza de membros de protección civil da localidade, así como de apicultores colaboradores.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.