Ribeira

Ribeira recibirá este ano case 45.000 euros de medio rural para a mellora e o arranxo de camiños municipais

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, para analizar, entre outros temas, a colaboración entre a Xunta e o Concello en materia de mellora das infraestruturas rurais do concello e, nomeadamente, sobre a posta en valor de camiños de titularidade municipal.
https://www.youtube.com/watch?v=wN0nv-8Wz94
Ribeira beneficiarase este ano dunha achega de 44.867 euros dentro do Plan Marco de mellora de vías que impulsa a Consellería, dentro do obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros fins o da cohesión territorial. Esta achega é idéntica á recibida polo municipio coruñés no ano 2017.

En total, no presente exercicio os concellos desta provincia recibirán preto de cinco millóns de euros. Con estes fondos facilitarase a accesibilidade a predios e explotacións agroforestais, así como aos núcleos de poboación. Para estas actuacións dedicaranse no conxunto de Galicia un total de 16 millóns de euros. O reparto destes fondos fíxose de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación ou a ruralidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.