Aterra na Pobra a exposición Libertas, de Olegario Sampedro, que forma parte dunha ambiciosa iniciativa promovida por PEN Galicia e PEN International coa colaboración do Instituto de Mediación Educativa (IMER) . A mostra comprende tres apartados distintos: un expositivo, outro literario e outro didáctico.
https://www.youtube.com/watch?v=Ib3OU6bjQj8
Libertas é un proxecto artístico-literario e pedagóxico que ten como obxectivo difundir dereitos humanos e en especial o dereito á liberdade de expresión.